Presentación


Para o alcalde de Vigo é unha honra ter a oportunidade de apoiar iniciativas de tanta importancia como o Encontro Lusogalaico - As adiccións no século XXI, que terá lugar en Vigo os próximos 26 e 27 de febreiro. As redes asistenciais de trastornos aditivos entre estes territorios desenvolveron unha estreita relación por razóns históricas e territoriais que nos permitiron avanzar con niveis de cooperación moi satisfactorios.

 

Por iso, e co ánimo de perseverar nesta frutífera colaboración, volvemos unir sinerxías entre países veciños para organizar un evento ao que queremos invitar a todos e todas as profesionais interesados e comprometidoscon interese e compromiso nesta problemática.

 

Vigo é unha urbe hospitalaria, solidaria e con moita conciencia social polo que non se me ocorre unha cidade máis axeitada para albergar un evento destas características. Ademais, contamos coas instalacións máis apropiadas: o Auditorio Mar de Vigo.

 
Vanme permitir que me despida reiterando todo o apoio institucional para este congreso ao que lle auguro o mellor dos éxitos. Aproveito, ademais, para invitar aos asistentes a gozar das amplas e variadas posibilidades culturais e gastronómicas que ofrece Vigo.

 

Abel Caballero

Alcalde de Vigo

 

 

En nome do comité organizador, é un privilexio poder invitarte a participar no Encontro Lusogalaico - As adiccións do século XXI que celebraremos terá lugar en Vigo durante os próximos 26 e 27 de febreiro de 2015.

 

Todaos as persoas os que formamos parte do proxecto continuamos traballando con entusiasmo para que este evento constitúa unha atractiva oportunidade para compartir experiencias, revisar temas de interese e actualizar coñecementos sobre adiccións e saúde mental.

 

Para iso, ademais do apoio institucional que nos permitiu afrontar a tarefa, contamos xa coa colaboración de prestixiosos profesionais que nos están a axudar a conformar un programa de alta calidade e rigor científico.

 

Animámoste a que sigas o desenvolvemento da organización do encontro a través desta páxina web e confiamos en poder estimular o teu interese e participación.

 

Un cordial saúdo,

 

  Francisco Otero Lamas

Presidente do Comité Organizador

En representación do Comité Científico do Encontro Lusogalaico - As adiccións no século XXI, é un pracer dirixirme a ti para invitarte cordialmente a participar activamente neste evento.

 

 

Creo sinceramente que en poucas ocasións se pode gozar da oportunidade de poder escoitar a persoal expertos do nivel que podes ver no programa do Encontro, vidos de todos os confíns do mundo.

 


Así mesmo, os espazos dedicados á interacción cos relatores e ao debate son pretendidamente amplos, e proporcionaranche a ocasión de dar respostas aos interrogantes que che formula a clínica diaria.

 

 

Esperamos que esta iniciativa cumpra axeitadamente coas túas expectativas.

 

 

Recibe un cordial saúdo,

 

José Manuel Olivares Diez

Presidente do Comité Científico

 

 

Colaboradores institucionais

Asociación Gallega de Psiquiatría Sociedad Española de Patología Dual Adictología APPD AGMF IMELGA Foro Gallego de Estudio de la Personalidad SOCIDROGALCOHOL

 

ARS Norte Consellería de Sanidade  SERGAS  Plan Nacional sobre Drogas

 

Inicio        

 

Información xeral:

 

Presentación

Comités

Colaboradores institucionais

Sede

Secretaría técnica

 

Programa:

 

Cadro horario

Programa

Talleres

Mesas redondas

simultáneas

Conferencias

Relatores

 

 

Rexistro:

 

Inscrición

Comunicacións

 

 

Patrocinadores e

colaboradores:

 

Patrocinadores

Colaboradores

 

 

Sala de prensa:

 

Documentación

Galería

 

Destino Vigo:

 

Vigo

Aloxamento

Transporte

 

Contacto

 

  © 2014 SERGLO - Todos los derechos reservados