Colaboradores institucionais


   

Asociación Gallega de Psiquiatría

 

Fundada en 1989 por un grupo destacado de psiquiatras galegos. Dende os seus inicios, os tres intereses prioritarios da Asociación son: psiquiatría científica, investigación psiquiátrica e asistencia psiquiátrica vertebrada.

 

 

 

Sociedad Española de Patología Dual

 

Sociedade científico-médica sen ánimo de lucro constituida no ano 2005 e integrada por máis de 1.600 profesionais multidisciplinares que desenvolven o seu labor no ámbito clínico, docente e/ou investigador da denominada “Patoloxía Dual”.

 

   

Associação Portuguesa de Adictología

 

Organización científica non gobernamental creada en 2010 para o estudo de substancias de abuso e dependencias dende un enfoque científico, de investigación e divulgación.

 

 

Associação Portuguesa de Patología Dual

 

A Associação Portuguesa de Patologia Dual - APPD é unha asociación sen fins lucrativos, con sede no Centro Hospitalar Psiquiátrico de Coimbra, na Quinta da Conraria, Castelo de Viegas, co fin de estudar a Patoloxia Dual en todas as súas vertentes: epidemiolóxica, etiopatoxénica, preventiva, diagnóstica, terapéutica, social e rehabilitación.

 

 

Asociación Gallega de Medicina Forense

 

A Asociación Gallega de Médicos Forenses é unha asociación de ámbito autonómico, de tipo profesional, sen ánimo de lucro e cuxos fins son a promoción, divulgación e colaboración no desenvolvemento da Medicina Forense en Galicia.

 

 

Instituto de Medicina Legal de Galicia

 

O Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) é un órgano da Administración de Xustiza en Galicia, que ten por misión prestarlles asistencia técnica aos tribunais, fiscalías e xulgados en materia de medicina forense.

 

 

 

Foro Gallego de Estudio de la Personalidad

 

Asociación de profesionais da saúde mental que promove o estudo e a investigación en todas as áreas do coñecemento científico relacionadas coa personalidade; con actividades de orientación e información encamiñadas á mellora da asistencia clínica dos problemas vinculados á personalidade.

 

   

Administraçao Regional de Saúde do Norte, I.P.

 

ARS Norte ten como misión garantir o acceso a recursos sanitarios, adecuación de recursos e cumprimento de programas de saúde na rexión Norte de Portugal.

 

 

 

Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia

 

A Consellería de Sanidade, sobre a base das directrices determinadas pola política sanitaria de Galicia, desenvolve as estratexias e accións necesarias para conseguir: intervencións, ordenación de relacións, fixación de obxectivos sanitarios, delimitación de medios e fixación de criterios da saúde en Galicia.     

 

 

 

Servizo Galego de Saúde

 

A Consellería de Sanidade  traballa por e para lograr o máximo nivel de saúde da sociedade galega, baixo os principios de solidariedade, equidade e eficiencia; consciente de que a preservación deste ben social común require a implicación e compromiso de todas e todos.

 

 

 

Delegación del Gobierno para el Plan Nacional sobre Drogas

 

A Delegación del Gobierno para el Plan Nacional sobre Drogas impulsa, coordina e supervisa as políticas de redución da demanda do consumo de drogas e dos programas de prevención, tratamento, rehabilitación e redución de danos relacionados con condutas aditivas levados a cabo no marco do Plan Nacional sobre Drogas.

 

Colaboradores institucionais

Asociación Gallega de Psiquiatría Sociedad Española de Patología Dual Adictología APPD AGMF IMELGA Foro Gallego de Estudio de la Personalidad SOCIDROGALCOHOL

 

ARS Norte Consellería de Sanidade  SERGAS  Plan Nacional sobre Drogas

 

Inicio        

 

Información xeral:

 

Presentación

Comités

Colaboradores institucionais

Sede

Secretaría técnica

 

Programa:

 

Cadro horario

Programa

Talleres

Mesas redondas

simultáneas

Conferencias

Relatores

 

 

Rexistro:

 

Inscrición

Comunicacións

 

 

Patrocinadores e

colaboradores:

 

Patrocinadores

Colaboradores

 

 

Sala de prensa:

 

Documentación

Galería

 

Destino Vigo:

 

Vigo

Aloxamento

Transporte

 

Contacto

 

  © 2014 SERGLO - Todos los derechos reservados