Pósteres


O comité científico anima a unha participación activa no Encontro LusoGalaico mediante a presentación de comunicacións en formato póster.

Co obxecto de promover a máxima participación nesta modalidade, non se esixe que a proposta remitida sexa orixinal (non presentada ou publicada con anterioridade). En todo caso, a experiencia ou estudo debe ter relación directa coa temática do encontro e cumprir os criterios de calidade, vixencia e actualidade que estableza o comité científico.

 

Para obter o certificado de presentación de póster é imprescindible expoñer o póster durante o encontro.

 

 

Presentación de propostas

 

A participación mediante comunicacións póster require que, polo menos, o primeiro autor/a formalizase a súa inscrición no Encontro LusoGalaico.


O resumo da comunicación presentarase só mediante a ferramente en liña dispoñible aquí, respectando as instrucións que se indican. O prazo remata o 31 de outubro de 2014. Novo prazo de presentación: 6 de febreiro do 2015

 

 
Admisión de propostas


Unha vez finalizado o prazo de presentación, o Comité científico valorará todas as propostas remitidas e determinará as que son admitidas para a súa presentación en formato póster.


A admisión ou rexeitamento das propostas comunicarase ao primeiro autor/a.

 


Formato do póster


As medidas máximas do póster serán 90 cm (ancho) x 110 cm (alto). Non se admitirán en formato apaisado.

Os apartados que deben incluírse son: título, autoras/es e filiación, introdución/obxectivos, material e método, resultados, discusión/conclusións e referencias bibliográficas (opcional).


Exposición e defensa


O autor/a ou presentador/a do póster será a persoa encargada de levalo, colocalo no número de panel asignado e retiralo deste ao finalizar o encontro. A Secretaría do Congreso non se fai responsable dos posibles danos que poida sufrir o póster se non é retirado nos tempos indicados.

De entre todos os traballos presentados, o comité científico seleccionará 5 para a súa defensa oral. O autor/a ou presentador/a disporá de 5 minutos para comentar os aspectos máis destacados do estudo. Se non fose o primeiro asinante quen defendera a comunicación, a persoa que o presente deberá ser coautora e estar inscritao no encontro.


Premios


O comité científico determinou os traballos recoñecidos:

 

1º premio - El uso problemático de Internet y las Nuevas Tecnologías. Un análisis desde la perspectiva de género. Patricia Gómez Salgado.

2º premio - Avaliação da intervenção e vigilância ginecológica (CMIN) em mulheres toxicodependentes em tratamento (PIAM) de 2010-2013. Manuela Montalvão Machado.

3º premio - Variables de personalidad y patrones de consumo en drogodependientes a tratamiento. María Carou.

Accesit - Consequências neurocognitivas do consumo prolongado de substâncias psicoativas: um estudo piloto em contexto de comunidade terapêutica. Sónia Rodrigues.

Accesit - ¿Existen diferencias entre los consumidores de Cannabis con y sin autocultivo? Manuel Isorna Folgar.


 

 

 

Colaboradores institucionais

Asociación Gallega de Psiquiatría Sociedad Española de Patología Dual Adictología APPD AGMF IMELGA Foro Gallego de Estudio de la Personalidad SOCIDROGALCOHOL

 

ARS Norte Consellería de Sanidade  SERGAS  Plan Nacional sobre Drogas

 

Inicio        

 

Información xeral:

 

Presentación

Comités

Colaboradores institucionais

Sede

Secretaría técnica

 

Programa:

 

Cadro horario

Programa

Talleres

Mesas redondas

simultáneas

Conferencias

Relatores

 

 

Rexistro:

 

Inscrición

Comunicacións

 

 

Patrocinadores e

colaboradores:

 

Patrocinadores

Colaboradores

 

 

Sala de prensa:

 

Documentación

Galería

 

Destino Vigo:

 

Vigo

Aloxamento

Transporte

 

Contacto

 

  © 2014 SERGLO - Todos los derechos reservados