Vigo


Vigo

 

Hai mil razóns polas que Vigo é un destino turístico único dentro de España. Vigo posúe todas as características necesarias para que siga consolidando a súa carreira como polo vital do turismo en Galicia:

 

1) Ubicación privilexiada. A súa situación xeográfica confírelle un papel estratéxico no turismo do noroeste peninsular e as súas infraestruturas de transporte convértena no eixe en torno ao que pivota a euro rexión Galicia-Norte de Portugal.

 

2) Cidade de negocios. Vigo é a maior cidade de Galicia, o seu motor económico e o centro urbano das Rías Baixas, un dos destinos turísticos que máis creceu nos últimos anos e con maior recoñecemento a nivel estatal e internacional. En Vigo celébranse algunhas feiras sectoriais de referencia a nivel internacional como Conxemar, Navalia ou o Salón do Automóbil, entre outras.

 

3) Infraestruturas modernas. Aos encantos innatos e ás súas numerosas vías de comunicación hai que sumarlle a infraestrutura turística da propia cidade. Os aloxamentos son numerosos, de todas as categorías e estilos imaxinables, e orientados a todo tipo de hóspede, dende o urbano ata o de natureza. Xunto a eles, a cidade conta cunha inmellorable rede de espazos socioculturais, dende museos a espazos para eventos de todos os tamaños.

 

4) Conexións nacionais e internacionais. Vigo e Madrid sempre tiveron unha estreita relación económica e cultural. Ambas as dúas cidades seguen conectadas por avión, tren e excelentes estradas. Pero Vigo, co seu emblemático aeroporto de Peinador, é unha cidade aberta a todos e mantén conexións aéreas coas principais capitais españolas como Barcelona, Sevilla ou Bilbao, e con Europa.

 

5) Clima suave. O microclima de Vigo é unha excepción dentro de Galicia e case de España, aínda estando no norte é unha das cidades con máis días despexados do país. Vigo vive nunha transición de clima mediterráneo-oceánico, con temperaturas suaves, con máximas que en verán roldan os 25 graos e que en inverno non baixan dos 6.

 

6) Para todos os petosDende o aloxamento ata a fabulosa gastronomía ou o ocio, é posible gozar de Vigo con calquera presuposto. Hai plans de luxo para as persoas máis sibaritas e tamén opcións alcanzables para viaxar en familia ou para os máis novos.

 

7) Grande pero manexable. Os seus 300.000 habitantes e os seus 110 km² convértena na cidade máis grande de Galicia na que non hai que renunciar á comodidade e as distancias curtas para gozala cada día. Acolledora, flexible e manexable, Vigo é unha cidade para visitar e, sobre todo, unha cidade na que vivir.

 

8) Cidade segura. Os índices de criminalidade en Vigo son inferiores aos da media española para cidades de máis de 150.000 habitantes, e así percíbeno tamén as persoas que visitan a cidade. A taxa continúa en descenso, no último ano nun 33%. Isto reflíctese nas animadas rúas da cidade, e nunha intensa pero segura vida nocturna.

 

9) Natureza virxe. A pesar de ser unha gran cidade industrial, Vigo presume do luxo de ter un ámbito natural practicamente virxe, con grandes parques forestais, rutas de sendeirismo, un tramo do Camiño de Santiago portugués pola costa e espazos naturais únicos en España como son as Illas Cíes, no Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas.

 

10) Cidade de costa. A espectacular ría de Vigo, a máis meridional e de maior calado das Rías Baixas, é o elemento vital da cidade. Sempre presente, o visitante pode gozar das súas espléndidas vistas dende case calquera punto de Vigo e tombarse nalgún dos seus larguísimas praias de area a contemplar o fermoso horizonte Atlántico.

 

Para máis información sobre cómo acceder e coñecer a cidade de Vigo, non dubide en consultar a Web oficial de Turismo de Vigo.

 

Islas Cíes

 

Colaboradores institucionais

Asociación Gallega de Psiquiatría Sociedad Española de Patología Dual Adictología APPD AGMF IMELGA Foro Gallego de Estudio de la Personalidad SOCIDROGALCOHOL

 

ARS Norte Consellería de Sanidade  SERGAS  Plan Nacional sobre Drogas

 

Inicio        

 

Información xeral:

 

Presentación

Comités

Colaboradores institucionais

Sede

Secretaría técnica

 

Programa:

 

Cadro horario

Programa

Talleres

Mesas redondas

simultáneas

Conferencias

Relatores

 

 

Rexistro:

 

Inscrición

Comunicacións

 

 

Patrocinadores e

colaboradores:

 

Patrocinadores

Colaboradores

 

 

Sala de prensa:

 

Documentación

Galería

 

Destino Vigo:

 

Vigo

Aloxamento

Transporte

 

Contacto

 

  © 2014 SERGLO - Todos los derechos reservados